escisión

< lat scissĭōne ‘cortadura’
Plural: escisións
  1. s f Acción e efecto de escindir ou escindirse.
  2. BIOL
    1. s f Forma de reprodución asexual pola que un organismo se divide en partes iguais.
    2. escisión binaria escisiparidade.
    3. escisión múltiple División dun organismo en máis de dúas partes.
  3. s f MED excisión.
  4. escisión fonolóxica LING Proceso diacrónico polo que un fonema se transforma en dous ou máis distintos, a partir, xeralmente, dunha diferenciación fónica contextual.