escapar

< lat v *excappāre ‘saír dun estorbo’ lat cappa
  1. v i Saír ou marchar de maneira precipitada ou ás escondidas.
  2. v i Estar ou quedar fóra do dominio ou alcance dalgunha persoa ou cousa.
  3. v i Quedar unha peza de roupa pequena ou curta por encoller a tea ou por medrar quen a usa.

Sinónimos

Citas

  • Cómpralle un talle máis de pantalón que nun mes xa lle escapa
  • Deixou escapar a ocasión da súa vida e agora arrepíntese
  • En canto tocou o timbre escapou para o patio coma un lóstrego, Como non lle gusta saír á noite, cando os amigos se despistan escapa para casa
  • Escápame o significado das súas palabras, Escapáronlle moitas faltas de ortografía na carta que me enviou
  • Escaparon dous presos do cárcere, Non escapes de min que non che vou facer nada, Os canarios escaparon da gaiola, Coa lectura escapo da realidade
  • Escapou de morrer afogado gracias a que sabía nadar, Ninguén escapa aos rigores do inverno nesta terra
  • Escapoulle a pelota das mans
  • Escapoulle un xemido, Escapáronlle palabras comprometedoras
  • Non sei qué vou facer, todo isto escapa ás miñas posibilidades, Ese suceso escapa ao ámbito da historia contemporánea
  • O viño escapaba da pipa por esa fenda
Verbo: escapar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapo

escapas

escapa

escapamos

escapades

escapan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapaba

escapabas

escapaba

escapabamos

escapabades

escapaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapei

escapaches

escapou

escapamos

escapastes

escaparon

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapara

escaparas

escapara

escaparamos

escaparades

escaparan

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escaparei

escaparás

escapará

escaparemos

escaparedes

escaparán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escaparía

escaparías

escaparía

escapariamos

escapariades

escaparían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escape

escapes

escape

escapemos

escapedes

escapen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapase

escapases

escapase

escapasemos

escapasedes

escapasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapar

escapares

escapar

escaparmos

escapardes

escaparen

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

escapa

-

-

escapade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

escapar

escapares

escapar

escaparmos

escapardes

escaparen

Xerundio

escapando

Participio

escapado

escapada

escapados

escapadas