escano

< lat scamnu
Plural: escanos
  1. s m Banco con respaldo e capacidade para varias persoas.
  2. s
    1. Asento que ocupan os deputados e senadores nas cámaras lexislativas.
    2. p ext Posto de parlamentario.
  3. s m Féretro común, en forma de caixa longa, que leva incorporadas dúas varas na parte dianteira e dúas na traseira para poder transportar a ombreiros, cara ao cemiterio, os defuntos.