escafandro

< gr σκά ϕ ος ‘barco’ + ἀ ν ή ρ, ἀ νδρός   ‘home’
Plural: escafandros
  1. s m Conxunto de aparatos que permiten que unha persoa poida permanecer somerxida na auga cunha certa autonomía.
  2. escafandro espacial COSMON Equipo empregado polos astronautas nas súas saídas ao exterior dos vehículos espaciais que os envolve nun medio adecuado para as funcións humanas.