ermo -ma

< lat tardío ĕrēmu gr ἕ ρημος ‘solitario, deserto’
Plural: ermos Masculino: ermo Masculino plural: ermos Feminino: erma Feminino plural: ermas
  1. adx Que non está habitado ou con moi pouca poboación.
  2. adx Que é árido, ten escasa vexetación ou as terras sen cultivar. Tm s m, referido a terreo.

Citas

  • Coa emigración estas aldeas do interior quedaron ermas
  • Na saída da vila hai unhas terras ermas nas que van facer un polígono industrial

Palabras veciñas