equívoco -ca

< lat aequivŏcu
Plural: equívocos Masculino: equívoco Masculino plural: equívocos Feminino: equívoca Feminino plural: equívocas
  1. adx Que é susceptible de ser interpretado de varias maneiras.
  2. adx Que provoca sospeitas polo seu comportamento ou intencións.
  3. s m Interpretación incorrecta dun feito.
  4. s m
    1. Palabra ou expresión que pode ser interpretade varias maneiras.
    2. LIT Figura retórica que emprega palabras homónimas en dúas ou máis acepcións distintas.

Sinónimos

Citas

  • A semellanza dos seus apelidos provocou un equívoco
  • As súas equívocas maneiras sementaron a desconfianza
  • Deu unha resposta equívoca

Palabras veciñas