equinodermo -ma

< equino- + -derma
Plural: equinodermos Masculino: equinodermo Masculino plural: equinodermos Feminino: equinoderma Feminino plural: equinodermas
  1. adx Relativo ou pertencente aos equinodermos.
  2. s m ANIMAL Deuteróstomo do filo dos equinodermos.
  3. s m pl ANIMAL Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa.