epifragma

< epi- + gr ϕ ράγμα ‘cerco, barreira’
Plural: epifragmas
  1. s m ZOOL Tabique que se forma na boca da cuncha dalgúns gasterópodos, e se orixina a partir de secreccións mucosas que se endurecen en contacto co aire.
  2. s m BOT Diafragma ou membrana circular disposta en posición horizontal sobre a boca da cápsula dalgúns brións.
  3. s m MICOL Membrana, a modo de tapadeira, que posúen os basidiocarpos novos dalgúns fungos.