eón

< lat aeōne gr α ἰ ών ‘tempo, eternidade’
Plural: eóns
  1. s m Período indefinido de tempo que non se pode contar.
  2. s m ESTRATIG División cronolóxica da historia da Terra. Os eóns son o Arqueozoico, o Proterozoico e o Fanerozoico.
  3. s m HIST/RELIX Ser eterno que participa da natureza da divindade e que serve de mediador entre esta e o mundo sensible.