enxame

< lat examĭne
Plural: enxames
  1. s m Comunidade de abellas que viven nunha colmea.
  2. s m ASTRON Zona do espazo interplanetario na que están distribuídos os meteoroides de orixe común, responsables das chuvias de meteoros.
  3. enxame de terremotos XEOL Serie de tremores menores que ocorren nun determinado momento e lugar.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Había un enxame de persoas á saída do concerto

Refráns

  • Ano de enxames, ano de fames.
  • As abellas da Madalena Deus as trae e Deus as leva.
  • Enxame de maio vale un bo cabalo.
  • Enxame pobre no inverno nace e no maio morreo
  • Enxamio pobre, se do inverno sae, no maio morre.
  • O enxame de abril, para min; o de maio, para o meu amo; e o de san Xoán, para o can.