entre

< lat inter
  1. prep Indica situación ou localización espacial ou temporal, de algo ou de alguén, con respecto a dous ou máis puntos que se indican.
  2. prep No medio de ou no interior de algo.
  3. prep Indica que algo ou alguén está incluído nun grupo.
  4. prep Expresa termo medio.
  5. prep Indica cooperación ou participación.
  6. prep Expresa a operación aritmética da división.
  7. prep Indica comparación ou relación entre cousas ou persoas. OBS: Contrae co indefinido ambos(as) e con ámbolos, ámbalas nas formas entrambos(as) e entrámbolos, entrámbalas.

Citas

  • Dividiu a torta entre os comensais, OBS: Pode admitir o incremento da prep de, Fixo a casa entre das árbores, É o mellor entre deles
  • Entre eles hai un grande amor, Entre amigos debe haber confianza
  • Estaba entre os que aprobaron o primeiro exame, Entre os seus amigos hai dous que son estranxeiros
  • Fixeron o mural entre os alumnos da clase
  • Gardaba os cartos entre a roupa do armario, Meteu a foto entre as follas do libro
  • Non sei cál comprar, estou entre elixir a blusa vermella ou a laranxa
  • Se dividimos cen entre catro o resultado é vintecinco
  • Sentárono entre os irmáns maiores, Chapa está entre Bandeira e Silleda, Visitareivos entre o 15 e o 20 deste mes, Non deberías comer nada entre horas
  • Ten unha cor indefinida, entre verde e marrón