ensalada

Plural: ensaladas
  1. ALIM
    1. s f Prato formado por vexetais crus ou arroz, pataca cocida ou pasta, picados, revoltos e xeralmente condimentados con sal, aceite, vinagre, limón ou outros elementos ou salsas.
    2. ensalada rusa Comida feita con patacas e outros vexetais cocidos, como cenorias ou chícharos, aos que se lles poden engadir outros crus, así como ovo cocido, atún e maionesa.
  2. s f LIT/MÚS Composición poética e musical de estilo madrigalesco a catro voces ou máis, cultivada no s XVI na Península Ibérica.

Refráns

  • Coa ensalada, ou viño ou nada.
  • Da ensalada, dous bocados e deixala.

Formas incorrectas

ensaladilla