smCousa que serve para unir ou relacionar dúas ou máis cousas.
smPersoa que se dedica a manter a comunicación e facilitar a coordinación de esforzos entre persoas ou entidades que non teñen contacto directo.
smCerimonia por medio da que dúas persoas contraen matrimonio.
sm
Lugar onde empalman os trens.
CONSTRCruzamento de vías deseñado de xeito que se suprimen ou limitan os puntos en que os vehículos que circulan por unha calzada interceptan os que circulan por outra.
QUÍM
smInteracción entre dous ou máis atómos que ten como resultado a formación dun composto por medio das forzas de Coulomb entre as cargas eléctricas positivas e negativas do núcleo e dos electróns.
enerxía de enlaceEnerxía que se define como a diferenza entre a enerxía dunha molécula e a dos átomos que a forman.
enlace hidróxenoEnlace de feble enerxía, de natureza fundamentalmente electrostática, que está constituído por un átomo de hidróxeno unido covalentemente a un elemento electronegativo. OBS: Tamén se denomina pontedehidróxeno.
smINFORM
Mecanismo que permite que o control pase dun programa a outro.
Medio para conectar os elementos dunha estrutura de datos ou ficheiros, instrucións ou programas.