enfisema

< lat emphysēma gr ἐ μ ϕ ύσημα ‘inchazón’
Plural: enfisemas
  1. s m PAT Presenza anormal de aire ou de gas nos tecidos orgánicos, que provoca a distensión dos mesmos.
  2. enfisema pulmonar PAT Enfermidade do pulmón que se caracteriza por unha dilatación moi grande e permanente dos alvéolos pulmonares, con atrofia e destrución dos mesmos.
  3. enfisema subcutáneo PAT Presenza de aire ou de gas entre o tecido conxuntivo subcutáneo.