enfático -ca

< gr ἐ μ ϕ ατικός
Plural: enfáticos Masculino: enfático Masculino plural: enfáticos Feminino: enfática Feminino plural: enfáticas
  1. adx
    1. Que ten ou denota énfase.
    2. Que se expresa con énfase.
  2. adx LING Aplícase ás partículas ou expresións gramaticais que se intercalan na linguaxe para acentuar a expresión.
  3. adx LING Aplícase ás consoantes, características das linguas semíticas e especialmente do árabe, que se articulan mediante un estreitamento da farinxe.

Citas

  • O presidente enfático sinalou que se debía buscar unha solución ao problema
  • O seu ton enfático non deixou indiferente a ninguén

Palabras veciñas