enerxía

< lat energīa gr   ἐ νέργεια
Plural: enerxías
    1. s f Capacidade física ou psíquica para obrar ou producir un determinado efecto.
    2. s f FÍS/QUÍM Capacidade dun sistema físico para producir un traballo. Diminúe nunha cantidade igual ao traballo producido e mídese nas mesmas unidades ca este.
    3. captación de enerxía FISIOL Método mediante o que os seres vivos autótrofos incorporan enerxía do exterior para poder sintetizar substancias orgánicas no seu interior.
    4. enerxía alternativa FÍS Enerxía que produce unha transformación limpa, sen residuo, como a solar, a eólica e a mareomotriz, entre outras.
    5. enerxía de activación / QUÍM/FÍS Enerxía que teñen que acadar conxuntamente as moléculas dos reactantes para que a reacción teña lugar.
    6. enerxía de compactación CONSTR Enerxía que se lle aplica a unha capa de terra ou de firme para conseguir un determinado grao de compactación.
    7. enerxía de configuración QUÍM Relación entre a enerxía da capa de valencia e a do estado estable do átomo libre.
    8. enerxía electromagnética FÍS Enerxía que deriva da natureza electromagnética da materia.
    9. enerxía interna/termodinámica / FÍS/QUÍM Enerxía dun sistema que se define como a suma das enerxías cinéticas das partículas e a enerxía potencial das forzas intermoleculares, pero excluíndo as enerxías cinética e potencial do sistema como un todo.
    10. enerxía mecánica FÍS Enerxía que é resultado da suma das enerxías cinética e potencial do sistema.
    11. enerxía nuclear FÍS Enerxía que mantén os compoñentes do núcleo atómico unidos nun espazo moi reducido.
    12. enerxía radiante FÍS Enerxía transmitida a través dun medio en forma de ondas electromagnéticas.
    13. produción de enerxía FISIOL Método oxidativo segundo o que os seres vivos obteñen a enerxía química necesaria para levar a cabo as súas funcións.
  1. s f Capacidade para manterse firme malia as oposicións ou obstáculos.
  2. s f Forza ou intensidade con que se realiza algo.

Citas

  • Falou con moita enerxía na conferencia, Fregou as escaleiras con enerxía para que quedasen ben limpas
  • Os manifestantes reinvidicaron con enerxía as súas ideas malia a represión policial
  • Sachar nas patacas toda a mañá deixoume sen ningunha enerxía, Xa non teño enerxía para seguir traballando