enchufe

< enchufar
Plural: enchufes
  1. s m TECNOL Dispositivo que se emprega para conectar un aparato eléctrico á rede eléctrica.
  2. s m Parte dun tubo que penetra noutro.
  3. s m col
    1. Emprego ou situación vantaxosa que se consegue grazas a influencias ou a algunha recomendación.
    2. Recomendación que ten alguén para conseguir un traballo ou unha situación vantaxosa.

Confrontacións

Citas

  • Conseguiu un bo enchufe na empresa do sogro
  • Ten enchufe co fillo do xefe dende que empezou a traballar