emulsión

< lat emŭlsu, p p de emŭlgēre ‘muxir’
Plural: emulsións
  1. s f QUÍM Dispersión estable dun líquido (fase dispersa) noutro non miscible no primeiro (fase dispersante), e que se presenta en forma de pequenas pingas esféricas.
  2. s f IMAX Substancia química fotosensible con que se recobre de xeito uniforme o soporte das películas e dos papeis fotográficos.
  3. emulsión asfáltica CONSTR Produto bituminoso constituído pola emulsión directa dun betume en auga.