sfEntidade económico-xurídica integrada polos elementos da produción, capital e traballo, para a obtención de bens ou de servizos con fins lucrativos.
empresa asociadaEmpresa sobre a que exercen influencia outras empresas a través dunha participación no seu capital social.
empresa de traballo temporal [ETT]Empresa que se dedica a poñer en disposición doutra empresa usuaria, e de forma temporal, os traballadores contratados pola primeira.
empresa filialEmpresa controlada por unha empresa matriz posuidora dun número suficiente de accións que lle outorgan o control.
empresa matrizEmpresa que constitúe outras empresas filiais, ás que dirixe, mediante o control maioritario da propiedade.
empresa multinacionalEmpresa que posúe sociedades que operan en diversos países. OBS: Tamén se denomina empresa supranacional ou transnacional.
empresa privadaEmpresa en que o capital é individual ou pertencente a un conxunto de persoas denominadas socios.
empresa públicaEmpresa en que o capital é propiedade total ou maioritariamente dunha institución pública, e a súa finalidade é a de producir bens e ofertar servizos de interese xeral.
pequena e mediana empresa [PEME]Conxunto de empresas catalogadas pola Comunidade Europea segundo criterios de facturación, capital e número de traballadores.
sfHISTCompromiso de tipo militar asumido mediante xuramento por un cabaleiro.