emisión

< lat emissĭōne
Plural: emisións
  1. s f Acción e efecto de emitir.
  2. s f Cousa que se emite.
  3. s f COMUN
    1. Liberación de enerxía radiante en forma de ondas electromagnéticas a velocidade practicamente equivalente á da luz e de lonxitude de onda constante para cada emisora, moduladas en amplitude ou en frecuencia e destinadas á transmisión dunha información.
    2. Programa de radio ou televisión que se emite de forma ininterrompida.
  4. FÍS
    1. s f Produción nun punto dado e transmisión ao espazo de materia ou de radiacións.
    2. emisión de sincrotrón Tipo de radiación non térmica, xerada por electróns e outras partículas cargadas que trazan espirais ao redor das liñas do campo magnético, case á velocidade da luz.
    3. emisión electrónica Liberación de electróns dunha superficie cara ao espazo que a rodea.
    4. emisión estimulada Liberación dunha onda producida pola acción dunha radiación sobre a emisión propia dun material.
    5. emisión térmica Radiación electromagnética producida por procesos relacionados coa calor.
  5. ECON
    1. s f Operación que consiste en poñer en circulación moeda, títulos, valores, efectos públicos, de comercio ou bancarios.
    2. emisión de diñeiro Creación e posta en circulación de cartos por parte do Estado.
    3. emisión de títulos Creación e posta á venda pública, de maneira directa ou a través dos bancos, de accións ou obrigacións por parte das empresas ou de títulos ou efectos públicos do Estado.
  6. s f FILAT Conxunto de selos cun mesmo motivo que se poñen en circulación simultaneamente.