embriaguez

< embriagar
Plural: embriagueces
  1. s f Estado de quen ten as facultades perturbadas a causa dunha intoxicación etílica.
  2. s f fig Estado de quen está trastornado por unha paixón ou unha emoción moi forte.
  3. s f DER Estado de turbación provocado pola inxesta de alcohol.

Sinónimos

Citas

  • A embriaguez levouno a cometer esa temeridade
  • Tantas emocións levárono a un estado de embriaguez que lle durou varios días