embonar

< cast embonar
  1. v t MAR Engadir táboas sobre o casco dun barco para aumentar a súa manga e darlle máis estabilidade.
  2. v t Encher con algún material os espazos que quedan entre as pezas que conforman un pavimento, para que a superficie quede uniforme.

Confrontacións

Citas

  • Só falta embonar as baldosas para que a cociña quede lista