embocadura

< embocar
Plural: embocaduras
  1. s f Acción de embocar.
  2. s f Abertura ou paso polo que se entra a un lugar.
  3. s f MÚS Boquilla dos instrumentos de vento.
  4. s f Parte do freo que se lles coloca ás cabalarías na boca.
  5. s f XEOG Parte do mar, lago, río, ou canal a onde chegan as augas doutro curso.
  6. s f Gusto ou sabor do viño.
  7. s f ESPECT Abertura ou boca do escenario teatral, pola que os espectadores poden ver a representación, unha vez retirado o pano.

Sinónimos

Citas

  • Chegas á praza e colles a primeira embocadura á dereita