embióptero -ra

Plural: embiópteros Masculino: embióptero Masculino plural: embiópteros Feminino: embióptera Feminino plural: embiópteras
  1. adx Relativo ou pertencente aos embiópteros.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Insecto da orde dos embiópteros.
  3. s m pl ANIMAL/ENTOM Orde de insectos, alongados e acastañados, co abdome rematado en dous cercos segmentados. Presenta mandíbulas mastigadoras, antenas filiformes e ollos compostos con forma de ril. Desprázanse con igual facilidade cara a adiante que cara a atrás. Ademais, como característica única entre os insectos, teñen os tarsos das patas dianteiras engrosados e portan unhas glándulas produtoras de seda.

Palabras veciñas