efusivo -va

< lat effūsus
Plural: efusivos Masculino: efusivo Masculino plural: efusivos Feminino: efusiva Feminino plural: efusivas
  1. adx Relativo ou pertencente á efusión.
  2. adx
    1. Que manifesta os seus sentimentos con efusión.
    2. Que amosa esta maneira de ser.
  3. rocha efusiva XEOL Rocha ígnea que sae ao exterior da cortiza terrestre por unha erupción en estado viscoso e que se solidifica na superficie.

Citas

  • Cando me ve, sempre me dá un efusivo saúdo
  • É un rapaz moi efusivo, dáme apertas e bicos sempre que me ve

Palabras veciñas