efecto de escala /FÍS/TECNOLInfluencia da variación das dimensións dun corpo sobre os coeficientes adimensionais que se determina na aplicación da teoría de modelos.
efecto fundadorXENPresenza de moitos individuos, dentro da mesma poboación, que teñen o mesmo cromosoma procedente dun antecesor común.
efecto secundarioMEDAcción non desexable, a miúdo nociva, producida por un medicamento.
smSituación á que dá lugar unha determinada acción, sexa esta intencionada ou non.
efecto rendaECONariación na renda do consumidor causada pola modificación no prezo dun ben, que reducirá ou aumentará a renda real do consumidor.
efecto substituciónECONariación na demanda dun ben debido á modificación no seu prezo, manténdose, aínda así, o nivel de renda dos consumidores.
smImpresión que causa algunha cousa sobre o ánimo.
smTécnica que se utiliza nalgúns espectáculos ou obras de arte co fin de producir certa impresión no espectador.
efecto de luzARTEImpresión da acción da luz nunha pintura que contrasta e se combina coas outras tintas da pintura.
efecto escénicoESPECTAcción e resultado de introducir no curso da acción dramática elementos diversos co obxectivo de provocar un impacto visual, sonoro e emocional no espectador.
efectos especiaisIMAXProcedementos empregados no cine ou na televisión, xeralmente de carácter acústico e visual, destinados a reforzar a creación dun ambiente ou a condicionar a visión do espectador.
smFenómeno físico ou químico que xeralmente vai acompañado do nome do descubridor.
efecto fotoeléctrico FISFÍSFenómeno que consiste na liberación de electróns dunha substancia exposta á luz ou, en xeral, a unha radiación electromagnética.
efecto fotovoltaicoFÍSEfecto fotoeléctrico que se caracteriza pola produción dunha forza electromotriz entre dúas pezas de material diferente que están en contacto e expostas á luz ou, en xeral, a unha forza electromagnética.
efecto invernadoiroMETEORProceso que mantén a Terra quente e posibilita a existencia de vida no planeta.
efecto piezoeléctricoFÍSFenómeno característico de certos cristais, que consiste na aparición de cargas eléctricas ou dunha diferenza de potencial entre as súas caras opostas, por efecto dunha deformación debida á aplicación dunha forza mecánica ou dunha vibración.
DER
smConsecuencia á que se lle atribúe un valor xurídico.
efecto retroactivoEfecto polo que se produce a submisión a unha nova lei dunha situación existente con anterioridade a que a lei fose promulgada.
efecto suspensivoEfecto que nace dun recurso presentado e que produce, ademais do efecto devolutivo, a suspensión da causa ou da execución da sentenza impugnada ata que se teña manifestado o tribunal superior.
smDEPCambio da traxectoria dun balón, pelota ou bóla mediante un golpe ou movemento especial.
smFILATCada unha das pezas dunha emisión que se poden expedir individualmente.
sm plConxunto de obxectos que unha persoa adoita gardar ou levar consigo.
ECON
sm plDereitos de cobro documentados con instrumentos formais de pago, como letras de cambio, libranzas ou obrigas de pagamento.
efectos públicosDocumentos de crédito emitidos polo Estado ou por outros organismos dependentes e recoñecidos polo goberno como negociables en bolsa.
efecto almofadaINFORMErro na visualización de imaxe que producen algunhas pantallas e que consiste en que as liñas rectas parecen curvas, especialmente nas marxes das imaxes.
efecto bolboretaMAT/FILOSSuposto pedagóxico que, no marco da teoría do caos, ilustra a dificultade de predición que presentan os sistemas dinámicos complexos en que unha pequena alteración fará que os subseguintes estados difiran moito dos estados que se seguirían de non existir a alteración.
efecto memoriaTECNOLCaracterística dalgunhas baterías que, se son recargadas antes de que estean totalmente esgotadas, perden parte da súa capacidade de almacenamento de enerxía.
efecto pantasmaTECNOLAparición de sombras brancas ou negras cando se amosa nunha imaxe unha franxa de cor moi clara ou escura.
efecto timbradoDERPapel emitido polo Estado para a realización dun negocio xurídico concreto así como para facer efectivas toda clase de responsabilidades pecuniarias.
Citas
As súas contestacións causan moi mal efecto, O seu novo disco produciu moi bo efecto entre os asistentes
Como está caducado, este medicamento xa non ten efecto, O cancro é un dos efectos do tabaco
Efecto Clayden, Efecto de Bohr
Enviáronlles os seus efectos persoais aos parentes
O efecto desas medidas económicas foi desastroso
Frases feitas
Causar efecto. Impresionar algo a algu
En efecto loc adv Certamente, verdadeiramente.
Para todos os efectos. Para todos os fins.
Sen efecto. Sen validez.
Para os efectos de. Co obxectivo de.
Refráns
ande houbo fogo sempre cinsa queda.
Cales palabras din ao home, tal corazón lle poñen.
Chuvias hai que secan e soles hai que regan.
De tales vodas, tales costras.
Non hai manxar que non farte nin vicio que non enfade.