ecuación

Plural: ecuacións
  1. ecuación de Vant FÍS Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[lnK]/∂T)p =∆H0/RT2, ∆H0 sendo a variación de entalpía na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.
  2. ecuación de Newton FÍS Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.
  3. ecuación de Gibbs FÍS Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma



    A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1 e H2 as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.
  4. ecuación de Friedmann ASTRON Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección).
  5. ecuación de Fokker FÍS Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q.
  6. ecuación de Einstein FÍS Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa, segundo a ecuación E=mc2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.
  7. ecuación diferencial de Bernoulli MAT Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n > 1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.
  8. ecuación de campo FÍS Unha das complexas ecuacións empregadas para describir os contornos dos campos gravitatorios e doutras forzas na dimensión espazo-tempo.
  9. ASTRON
    1. s f Corrección ou cantidade que cómpre ter en conta ao relacionar a posición dun astro coa que tería, se posuíse un movemento uniforme.
    2. ecuación anual Conxunto de perturbacións que se observan nalgúns elementos da órbita da Lúa e que se reproducen no período dun ano.
    3. ecuación do centro Diferenza entre a anomalía verdadeira do Sol e a súa anomalía media. A ecuación do centro é, xa que logo, a corrección que hai que facer na lonxitude λm do Sol ficticio para obter a lonxitude λ0 do centro do Sol verdadeiro. Se se suma a ecuación do centro co valor da redución, no ecuador, obtense a ecuación do tempo.
    4. ecuación do tempo Diferenza entre o tempo verdadeiro e o tempo medio. Esta ecuación varía ao longo do ano entre os dous valores máximos, que teñen lugar o 12 de febreiro (máximo valor positivo 14 m 23 s) e o 4 de novembro (mínimo valor negativo -16 m 22 s), e anúlase catro veces ao ano, o 16 de abril, o 14 de xuño, o 2 de setembro e o 26 de decembro.
    5. ecuación persoal Corrección que cómpre facer ás observacións ou medidas de precisión efectuadas por un observador e que son diferentes para distintos observadores.
  10. MAT
    1. s f Igualdade entre dúas expresións matemáticas que conteñen algunha variable. Os valores que resolven unha ecuación son as súas solucións ou raíces. A forma xeral da ecuación de grao n é a0+a1x+a2x2+...+a nxn=0. O grao do polinomio é o grao da ecuación, e a0, a1...an son os seus coeficientes.
    2. ecuación diferencial Ecuación funcional onde aparecen as derivadas da función incógnita.
    3. ecuación integral Ecuación funcional onde aparecen as integrais da función incógnita.
    4. sistema de ecuacións Conxunto de ecuacións que deben de ser resoltas por un mesmo conxunto de valores das variables.
  11. s f QUÍM Representación, mediante símbolos químicos, dos cambios dos átomos e das moléculas dos elementos que interveñen nunha reacción química.
  12. ecuación de Helmert FÍS Relación que dá o valor da aceleración da gravidade g (en cm/s2) en función da latitude ø e da altitude H (en cm).
  13. ecuación de Michaelis QUÍM Ecuación fundamental da cinética encimática que relaciona a velocidade coa que se desenvolve unha reacción e a concentración do substrato sobre o que actúa un encima.