sfAdministración ordenada dos bens dunha comunidade, Estado, establecemento ou familia.
sfEstado de riqueza dun país, dunha empresa ou dunha persoa.
ECON
sfCiencia que ten por obxecto a análise da realidade económica, os mecanismos segundo os que se asignan os recursos e se determinan os prezos.
economía políticaCiencia que estuda as leis económicas e sociais que dirixen a produción e a distribución dos medios e recursos materiais que cobren as necesidades humanas.
ECON
sfConfiguración do funcionamento dun sistema económico.
economía abertaSistema económico que participa no comercio internacional de bens e servizos (importación e exportación).
economía concertadaSistema económico intermedio entre a economía liberal, con ausencia total de intervención estatal, e a economía dirixida ou planificada.
economía de guerraReestruturación do sistema produtivo dun Estado en situación de excepción, en que todas as forzas produtivas se poñen en función das necesidades bélicas prioritarias.
economía de mercadoSistema de produción en que predominan as relacións mercantís. É característico dos estados capitalistas.
economía mixtaSistema que permite harmonizar a colaboración entre as colectividades públicas e a iniciativa privada.
economía pechadaSistema económico en que non se produce ningunha clase de intercambio co exterior, que pode dar lugar a unha situación de autarquía.
economía social de mercadoSistema económico, dentro do ámbito do capitalismo, que admite unha actividade reguladora do goberno nas actividades económicas, co obxectivo de paliar as desigualdades sociais.
economía somerxidaConxunto de actividades de produción e de servizo realizadas fóra do sistema de regulación administrativa para evitar o cumprimento das obrigas fiscais ou laborais e aforrar os custos indirectos.
sfECONGanancias que obtén unha empresa mediante a redución dos custos medios de produción como consecuencia dunha mellor organización do seu funcionamento ou tecnoloxía ou da súa relación con outras unidades de produción.
sf
Moderación nos gastos.
Uso adecuado de algo que supón o máximo rendemento co mínimo gasto necesario.
Redución dos gastos.
sf plCantidade de cartos que se ten aforrada.
sfSistema de organización ou coordinación entre os compoñentes dunha estrutura.
sfMEDConxunto harmónico de aparatos orgánicos coas leis e as funcións que os regulan.
sfBIOLAdecuación e ordenación no ser vivo dos órganos e das funcións vitais en relación cos procesos catabólicos e anabólicos.
economía ambientalCiencia económica que, nas súas teorías, análise e cálculo de custos, inclúe a variable ambiental e formula medidas económicas para o manexo do medio natural e e a súa xestión.
economía da educaciónEDUCParte da economía aplicada que ten por obxectivo a análise da influencia da educación nos fenómenos económicos e tamén dos aspectos económicos da educación (custos, financiamento).
economía lingüísticaLINGPrincipio formulado por André Martinet que consiste no equilibrio estatístico existente nunha lingua destinado a obter o máximo poder comunicativo cun esforzo lingüístico mínimo.