ecómetro

< 2 eco- + -metro
Plural: ecómetros
  1. s m METROL Aparato electrónico que mide a diferenza de tempo na recepción dun son e o seu eco. Emprégase en navegación para medir a profundidade mediante o eco de ondas ultrasonoras contra o fondo.