ecoloxía

< 1 eco- + -loxía
Plural: ecoloxías
  1. s f ECOL Disciplina científica que trata das relacións entre os organismos e o seu ambiente pasado, presente e futuro. Esas relacións inclúen as respostas ecofisiolóxicas dos individuos, a estrutura e dinámica das poboacións, a organización biolóxica das comunidades e o fluxo de enerxía e materiais nos ecosistemas a diferentes escalas desde a local á global.