eclipse

< lat eclipse gr ἕ κλειψις   ‘desaparición’
Plural: eclipses
  1. s f ASTRON Escurecemento total ou parcial da luz que sucede cando un segundo astro se interpón entre o astro en cuestión e o observador, ou cando o astro entra na sombra ou na penumbra doutro. Unha eclipse solar acontece cando a Lúa se interpón entre o Sol e o observador situado na Terra.
  2. s f LING Nasalización que afecta ao primeiro fonema dunha palabra nas linguas célticas.
  3. s f Desaparición total ou parcial de alguén ou de algo ou diminución da súa notoriedade.

Citas

  • Despois de que o detiveran por roubo produciuse a eclipse da súa carreira artística