ecdisona

< écdise + 2 -ona
Plural: ecdisonas
  1. s f BIOQ Grupo de hormonas esteroides, segregadas por certas glándulas e órganos de insectos, arácnidos e crustáceos, que interveñen no control do desenvolvemento e da diferenciación celular, a morfoxénese, a ovoxénese e embrioxénese destes animais.