drávida

< sánscr drāvida
Plural: drávidas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo drávida.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo drávida.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo da Antigüidade que se estendía pola India e Birmania.
  4. linguas drávidas/dravídicas LING Familia de linguas que se falan na India. Literariamente, as linguas drávidas máis destacadas son o támil, o malayalam, o telugu e o kanarés.