doutrina

< lat doctrīna
Plural: doutrinas
  1. s f Conxunto de ideas, teorías ou opinións en que se basea unha relixión, un sistema político ou filosófico.
  2. s f
    1. Conxunto de ideas dunha determinada rama do coñecemento.
    2. RELIX Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo.

Citas

  • A doutrina exposta pola escritora do libro non me convencía
  • O párroco encargábase de lles explicar a doutrina aos fregueses
  • Xan defende a doutrina política do seu partido