dolora

< dolor
Plural: doloras
  1. s f LIT Modalidade poética creada por Ramón de Campoamor e incluída entre as composicións humoradas. É un poema breve que presenta un enfoque sentimental e un ton pesimista que combina a melancolía e o humor, e a miúdo cun carácter filosófico e intencionalidade didáctica.