Conxunto de dous triunfos que un deportista ou equipo acada en dúas probas distintas dunha mesma competición.
Feito de acadar un equipo deportivo na mesma tempada dous títulos oficiais, polo xeral os que se disputan no mesmo ámbito territorial.
ESPECTRepresentación de dous ou máis personaxes diferentes nunha mesma obra teatral, ou actuar ao tempo en dúas obras distintas.
smLINGCada unha das dúas solucións, xeralmente diferenciadas, que coexisten nunha lingua, a partir dunha única orixe etimolóxica. OBS: Tamén se denomina parellasléxicas.
FÍS
smParella de estados estacionarios que teñen o mesmo momento angular orbital e o mesmo spin, pero que se diferencian no seu momento angular total e, polo tanto, na súa enerxía, polo que presentan diferentes axustes spin-órbita.
smParella de partículas fundamentais que teñen masas lixeiramente diferentes, cargas diferentes e o resto de características iguais.
dobrete acromáticoSistema formado por dúas lentes delgadas, achegadas, ou separadas, que se emprega en óptica co fin de alcanzar o acromatismo.
dobrete electrónicoParella de electróns que enlazan, nalgunhas moléculas, dous átomos.
Citas
Conseguiu o dobrete nos Xogos de Seúl ao gañar as carreiras de 100 e 200 m