dobre

< lat dŭple, adv de dŭplus
Plural: dobres
  1. adx
    1. Que é dúas veces maior en número ou intensidade.
    2. Que contén dúas veces a medida normal.
    3. Que ten capacidade para dúas persoas.
    1. adx Que está formado por dúas cousas iguais ou da mesma especie.
    2. adx XOGO Aplícase á ficha, no xogo do dominó, que ten o mesmo número de puntos en cada un dos lados en que se divide o anverso. Tm s m.
    3. adx QUÍM Aplícase ao composto, ao sal, ao óxido ou ao hidróxido, que se compoñen de dous metais ou radicais diferentes.
    4. dobre articulación LING Característica da linguaxe humana de dividirse en unidades cada vez máis elementais.
    5. dobre páxina COMUN Formato publicitario que se emprega en medios impresos que consiste na utilización de dúas páxinas consecutivas para anunciar un determinado produto ou servizo.
  2. adx Que ten dous aspectos dos que só se amosa un.
  3. adx Que é máis forte, robusto ou groso que de costume.
  4. s m
    1. Magnitude que equivale a dúas veces outra.
    2. Cantidade igual a dúas veces a medida normal.
  5. s
    1. Persoa moi semellante a outra, coa que pode chegar a confundirse.
    2. Persoa que, nunha obra teatral ou nunha película, substitúe a outra máis coñecida na realización de escenas conflitivas ou que implican algunha dificultade ou risco físico especiais.
  6. s m pl DEP Partido, no tenis e noutros deportes, entre catro xogadores, divididos en dúas parellas, que poden ser mixtas ou non.
  7. s m pl DEP Infracción que comete o xogador de baloncesto ou de balonmán cando fai botar o balón por segunda vez despois de recibilo xa coas mans.
  8. s m LIT Procedemento retórico característico da poesía trobadoresca galego-portuguesa que se fundamenta nos principios da simetría e sistematicidade.
  9. dobre barra MÚS Liñas verticais que atravesan o pentagrama ou os pentagramas superpostos e que sinalan unha sección da peza.
  10. MÚS
    1. dobre corda Execución simultánea de dúas notas sobre dúas cordas distintas nos instrumentos de arco.
    2. dobres cordas Feito de pisar dúas, tres ou catro cordas ao mesmo tempo para conseguir dous, tres ou catro sons simultáneos nos instrumentos de arco.
  11. dobre enunciación ESPECT/LIT Presuposto básico da comunicación teatral que alude aos dous tipos de discurso que conviven nunha obra, o do escritor, presente en todos os diálogos e anotacións, que ten como destinatario o público, e os parlamentos que os personaxes se dirixen entre si.
  12. dobre focalización LIT Expresión proposta por Gerald Prince en 1988 para referirse ao procedemento literario que consiste en presentar un mesmo feito desde dous puntos de vista diferentes de forma simultánea.
  13. dobre lectura LIT Estratexia tipográfica que posibilita ler un mesmo texto de varias formas diferentes, segundo se inclúa ou non na lectura a información que se distribúe entre parénteses, barras oblicuas ou mesmo riscadas.
  14. dobre sentido LIT Recurso lingüístico que consiste no emprego dunha palabra ou dunha expresión con dous significados diferentes, de xeito que a súa interpretación sexa ambigua.

Citas

  • A nova estrada de circunvalación terá dobre carril
  • Almorzou un café dobre
  • Botou o catro dobre e gañou a partida, Pechou cun dobre
  • Dezaseis é o dobre de oito
  • Éche un home alto e dobre, Para atalo cómprenos un cordel dobre
  • Necesita unha corda de dobre tamaño
  • Os seus problemas derivan da súa dobre personalidade
  • Querían un cuarto dobre, pero só quedaban individuais
  • Tomarei un dobre de coñac
  • Usa unha linguaxe chea de dobres sentidos
  • Vimos unha moza que era o dobre da túa irmá