doazón

< lat donatĭōne
Plural: doazóns
  1. s f Acción de doar.
  2. s f Cousa que se doa ou que se cede desinteresadamente.
  3. DER
    1. s f Dación gratuíta polo que unha persoa, o doador, dispón gratuitamente dunha cousa en favor doutra, o donatario.
    2. doazón esponsalicia Obsequio que fan os prometidos en consideración ao seu matrimonio e agasallo que cada un dos prometidos lle dá ao  outro.
    3. doazón por causa de morte Liberalidade que se fai a título singular, nun acto entre vivos, que non produce efecto definitivo ata despois da morte do doador.
  4. s f HIST Fórmula que se emprega nos reinos de León e Castela desde o s XIII polo rei e polos magnates, que consistía en facer concesións territoriais para retribuír os servizos dos vasalos.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • O terreo para facer as piscinas foi unha doazón dos veciños
  • Pensa facer doazón dos seus libros á biblioteca municipal

Formas incorrectas

donación

Palabras veciñas