ditame

Plural: ditames
    1. s m Xuízo ou opinión que se emite sobre un asunto.
    2. s m DER Opinión escrita e motivada que emite un facultativo sobre un asunto da súa especialidade e, especialmente, a que realiza un avogado ou xurisconsulto sobre unha cuestión de dereito ou de procedemento.
    3. ditame pericial DER Informe en que un perito achega ao proceso os seus coñecementos técnicos, científicos, artísticos ou prácticos cos que o xuíz pode apreciar os feitos obxecto de debate.
  1. s m DER Resolución dada polo Tribunal Internacional de Xustiza a cuestións relativas a un tema de dereito internacional formuladas por un órgano das Nacións Unidas ou por unha institución especializada de dereito internacional.

Formas incorrectas

dictame