sfARQUITOrdenación das pezas que forman o interior dunha vivenda.
sfGRÁFConxunto de moldes xa impresos que se poden distribuír.
ECON
sfConxunto de actividades económicas que teñen como finalidade que os bens ou produtos cheguen desde os produtores ata os vendedores.
teoría da distribuciónAnálise das leis económicas que determinan as partes da renda que lles corresponden aos diferentes factores produtivos.
MAT
sfConxunto de datos ou valores en que as frecuencias se indican por medio das porcentaxes en que se presentan, ou ben de maneira absoluta, seguindo unha escala.
distribución binomial/de BernoulliDistribución de probabilidade do número total de éxitos en n probas independentes de Bernoulli.
distribución de PoissonDistribución da probabilidade da variable aleatoria discreta X, que proporciona o número de veces que aparece aleatoriamente un suceso.
distribución F de Fisher-SnedecorDistribución teórica continua correspondente a unha variable aleatoria, que é igual ao cociente de dúas variables aleatorias independentes, cada unha con distribución χ 2 , divididas polos seus graos de liberdade.
distribución normal/de GaussDistribución continua de probabilidade, que ten por función de densidade: f(x)=1/(σ√2π)e -1/2(x-μ/σ)2 para -∞ <x<∞, onde μ é a media e σ é a desviación típica, e os dous, números reais.
distribución t de StudentDistribución continua de probabilidade que corresponde ao cociente de dúas variables aleatorias independentes, onde o numerador é unha variable aleatoria con distribución normal tipificada e o denominador é a variable aleatoria raíz cadrada dunha χ 2 con n graos de liberdade, dividida polo seus graos de liberdade.
función de distribuciónFunción asociada a unha variable aleatoria que dá as probabilidades de que esta tome algúns valores determinados. As principais funcións de distribución son a distribución binomial e a distribución normal ou de Gauss.
teoría de distribuciónsParte da análise matemática que estuda as funcións lineais continuas sobre o espazo vectorial topolóxico das funcións reais infinitamente diferenciables de soporte compacto de O n .
distribución canónicaDistribución de probabilidade de acordo coa que a probabilidade Pr de atopar un sistema nun estado r de enerxía E r,vén dada pola expresión Pr ∞C -βEr, onde β=(KT) -1 é o parámetro de temperatura absoluta do foco térmico co que está en equilibrio o sistema.
distribución exponencialDistribución continua de probabilidade con función de densidade f dada pola expresión f(x)=λexp(-λx), onde λ é un parámetro positivo e x ≥0.
distribuciónDistribución teórica continua que corresponde ao estatístico X=X12+X22+...+Xn2, onde as Xi son todas variables aleatorias normais de media 0 e desviación típica 1 e independientes.
sfTECNOLMecanismo que asegura a sucesión adecuada de cada unha das fases do ciclo dun motor térmico.
LING
sfConxunto total de contextos en que pode aparecer unha unidade lingüística.
distribución complementariaDistribución que se dá cando dúas unidades lingüísticas non poden aparecer nunca no mesmo contexto ou contorno, aínda que poidan pertencer a unha mesma clase.
Citas
Ese señor é o encargado da distribución das tarefas no traballo