distintivo -va

Plural: distintivos Masculino: distintivo Masculino plural: distintivos Feminino: distintiva Feminino plural: distintivas
  1. adx Que serve para distinguir.
  2. adx LING Aplícase ao  trazo articulatorio ou acústico que, na realización dos fonemas, é susceptible de exercer valores discretos diferenciais respecto doutras realizacións.
  3. s m Trazo que distingue ou caracteriza algo, especialmente o obxecto que identifica os pertencentes a algunha profesión ou grupo.
  4. MAR
    1. s m Bandeira especial que se iza nun navío para indicar a presenza dunha persoa a quen lle corresponden determinados honores.
    2. distintivo de clase Sinal que se asigna á embarcación de regatas que pertence a unha clase internacional.