distinción

< lat distinctĭōne
Plural: distincións
  1. s f
    1. Acción e efecto de distinguir ou distinguirse.
    2. FILOS Diferenza entre dous ou máis seres, realidades ou dimensións do real, en virtude de que unha cousa non é a outra, ou ben non se considera que o sexa.
  2. s f Calidade das persoas ou cousas que destacan pola súa elegancia e refinamento.
  3. s f Premio ou recoñecemento que se lle concede a alguén e que o distingue dos demais.

Confrontacións

Citas

  • Alí sempre foi tratado con moita distinción
  • Hai unha clara distinción entre uns viños e outros
  • Os mellores cadros obtiveron distincións, Outorgáronlle unha distinción honorífica como galardón aos seus méritos militares
  • Vese a súa distinción na delicadeza coa que decorou o salón