sfEspazo que existe entre unha persoa ou cousa e outra.
sfPeríodo de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.
distancia directaMARDistancia que se encontra por cálculo entre dúas posicións do navío.
distancia estimadaMARDistancia que se obtén mediante o cálculo da estima.
distancia observadaMARDistancia que se consegue resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.
sfAfastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.
sf
Diferenza destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.
SOCIOLSeparación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social que existe.
ASTRON
distancia aparente de dous astrosÁngulo determinado pola visual que pasa polo punto de observación e cada un dos astros considerados.
distancia cenital dun astroÁngulo determinado pola visual que pasa polo punto de observación e polo astro considerado e a vertical do lugar de observación.
distancia polar dun astroDistancia angular entre o polo da esfera celeste e un astro.
TRANSP
sfLonxitude que se mide sobre o eixe dunha vía, do percorrido efectivo ou necesario para que un vehículo faga unha manobra determinada ou se cumpran certas condicións.
distancia de adiantamentoDistancia percorrida por un vehículo que fai un adiantamento, desde o lugar en que se aparta da súa traxectoria normal, co fin de sobrepasar o vehículo de adiante, ata o sitio no que ten a posibilidade de volver ao carril polo que circulaba.
distancia de freadaDistancia percorrida por un vehículo no tempo mínimo necesario que vai desde que o condutor se decata da necesidade de deterse ata que o vehículo queda freado.
distancia de seguridadeDistancia mínima que ten que haber entre dous vehículos que circulan a igual velocidade polo mesmo carril dunha vía para evitar a colisión en caso de freada.
distancia de visibilidadeLonxitude que se mide sobre o eixe dunha calzada, do tramo que hai diante dun vehículo e que resulta enteiramente visible, sen interrupción, desde a posición do condutor.
distancia de saltoTECNOLDistancia mínima que existe entre o punto onde se transmite unha onda de radio, e o punto desde onde é posible a súa recepción.
distancia xenéticaXENMedida estatística das diferenzas xenéticas entre dous individuos ou dúas poboacións.