dislocación

< dislocar
Plural: dislocacións
  1. s f Acción e efecto de dislocar ou dislocarse.
  2. s f XEOL Conxunto de defectos lineais que destrúen a regularidade da rede cristalina dun cristal real.
  3. s f XEOL Deformación que producen as forzas oroxénicas e tectónicas que afecta ás rochas sedimentarias.
  4. s f XEN Cambio estrutural nos cromosomas a causa da perda ou o desprazamento dalgúns segmentos cromosómicos.
  5. LING
    1. s f Desprazamento dun constituínte desde a súa posición normal cara a periferia do enunciado e a súa substitución dentro deste enunciado por un pronome átono.
    2. dislocación temporal Desprazamento nos valores temporais de determinadas formas verbais.
  6. dislocación do acento LIT Modificación na posición habitual do acento dunha palabra, que pasa a outra sílaba diferente por necesidades rítmicas.

Sinónimos