discriminación

< lat discriminatĭōne
Plural: discriminacións
  1. s f Acción de discriminar.
  2. s f PSIC
    1. Diferenciación, comunmente cualitativa, entre dous ou máis obxectos.
    2. Comportamento polo que un estímulo recibe unha resposta, mentres que outro estímulo provoca outra diferente ou non produce ningunha.
  3. s f TECNOL Eliminación dos sinais que entran nun circuíto electrónico, menos os que teñen unha determinada característica.
  4. discriminación de prezos ECON Posibilidade de vender a prezos diferentes un mesmo produto, en condicións de competencia imperfecta, como é o caso dos monopolios.