discordancia

< lat discordantia
Plural: discordancias
  1. s f Falta de acordo en algo.
  2. s f XEOL
    1. Relación entre os estratos superpostos e os sedimentados, cun intervalo de tempo de separación en que hai movementos oroxénicos, epiroxénicos, unha forte erosión ou descontinuidade na sedimentación das capas.
    2. Superficie que separa os sedimentos discordantes.

Citas

  • Nunca opinan o mesmo, sempre están en discordancia