directorio

< lat directorĭu
Plural: directorios
  1. s m Conxunto de normas ou instrucións que serven para dirixir unha materia determinada ou un negocio.
  2. s m Consello que se encarga da xerencia dunha entidade pública, asociación ou partido.
  3. s m INFORM
    1. Táboa de control que informa sobre a capacidade e a memoria que ocupan no ordenador os datos ou os módulos.
    2. Lista dos ficheiros do disco duro que contén diversas informacións como o nome, o inicio da táboa FAT ou a hora e data de creación.
  4. s m BIBLIOT Listado de persoas, organismos, institucións ou empresas que recolle datos sobre os mesmos.