díptero -ra

< lat diptĕros gr δίπτερος
Plural: dípteros Masculino: díptero Masculino plural: dípteros Feminino: díptera Feminino plural: dípteras
  1. adx Que presenta dúas ás.
  2. ANIMAL/ENTOM
    1. adx Relativo ou pertencente aos dípteros.
    2. s m Insecto da orde dos dípteros.
    3. s m pl Orde de insectos que se caracteriza por presentar, un par de ás membranosas e un segundo par transformado en pequenos órganos, con forma de maza, que serven como órgano de equilibrio durante o voo. Aliméntanse de líquidos cunha trompa ou probóscide e son importantes transmisores de enfermidades.
  3. s m ARQUIT
    1. Edificio que na arquitectura clásica estaba rodeado por dúas ringleiras de columna.
    2. Edificio que ten dúas ás ou corpos saíntes nos seus costados.