aguti

< tupí aku’ti ‘o que come de pé’
Plural: agutis
  1. s f ANIMAL Roedor sudamericano dos xéneros Dasyprocta e Myoprocta que pertence á familia dos dasipróctidos. De pelame dourado a vermello, ten a cola e as orellas curtas, e extremidades longas que lle permiten o salto. Viven nos lindes das selvas alimentándose de raíces e grans.