diluvio

< lat diluvĭu
Plural: diluvios
  1. s m Choiva extremadamente intensa.
  2. s m fig Abundancia desmedida dalgunha cousa.
  3. s m RELIX Cataclismo que consiste nunha gran choiva e inundación universais que, segundo as tradicións relixiosas máis antigas, asolagou a terra como castigo divino, cun anuncio previo por parte da divindade, que deu orde de construír unha nave de salvación.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Cada vez que sae o alcalde á rúa escoita un diluvio de queixas dos veciños
  • Non saiades á rúa agora, está caendo un diluvio e ides poñervos coma pitos